ConcellosO BarcoÚltima hora

A participación na Carreira do Turrón do Barco, que se celebrará esta tarde, bate récords

Imaxe da pasada edición da Carreira do Turrón./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir das 19:30h., coa proba dos máis pequenos, porase en marcha o programa da XV Carreira do Turró do Barco. Media hora despois, será a saída da carreira dos maiores. As inscricións previas realizadas para participar nelas foron finalmente 1460. “A esta cantidade haberá que sumar as inscricións que se produzan no lugar de celebración da proba. Trátase da edición con máis participación de todas as que se teñen celebrado polo de agora”, segundo se informa dende o Concello do Barco.

Esta é unha carreira solidaria, polo que dende o Concello agradécese aos participantes que !colaboren con comida non perecedoira para destinala ao Banco de Alimentos”.

Artigos relacionados

Back to top button