ConcellosPetínÚltima hora

A praza situada na rúa da Carreira, en Petín, chamarase ‘A Aira do Juanon’ en memoria do coñecido veciño

 

A orde do día do pleno ordinario celebrado este xoves 24 de novembro en Petín, tiña un un punto moi especial: a aprobación de darlle nome a unha pequena praza situada na rúa Carreira. “Aí tiña a súa vivenda un veciño moi querido por todo o pobo, Juanon, e todo o mundo lle chamaba a Aira do Juanon”, explica a alcaldesa Raquel Bautista, engadindo que en vista da solicitude presentada por moitos dos veciños de Petín, “o pleno acordou por maioría darlle á praza o nome da ‘Aira do Juanon’ e así recoñecer o gran embaixador que foi do noso pobo”, di Raquel. De feito en Petín din moito aquilo de ¿quen non coñecía a Juanon?

Un bonito detalle por parte do Concello e sobre todo dos seus veciños que o terán sempre na súa memoria.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button