CulturaCulturaEntroido 2024Última horaVídeos

A primeira saída do Fulión da Mourela p’acá (Manzaneda) neste Entroido, en vídeos

 

“Como a noite non está quente,/ non nos imos demorar,/ pasade cando queirades/ ata o cima deste lugar”. Con estes versos a veciñanza de Bidueira (Manzaneda) concedíalle o permiso aos representantes do Fulión da Mourela p’acá, encabezado polas súas Mázcaras.

Era a súa primeira saída neste Entroido e tiña lugar na pasada noite, pese ao frío e a chuvia. O intenso toque do fulión, xunto coas engaiolantes danzas das Mázcaras, percorría a localidade e a ronda remataba cunha cea ofrecida por Bidueira aos visitantes.

Vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button