
O casco antigo da Rúa Vella constitúe un dos conxuntos arquitectónicos e históricos máis singulares de Valdeorras. No barrio pódese visitar a lápida de Pompeio Reburro, un militar gigurro que serviu na garda imperial en Roma. Tamén atópanse numerosos pazos e exemplos de arquitectura tradicional, presididos pola Igrexa de San Estevo.
O reportaxe ao completo pódese consultar na edición física do periódico O Sil, nunha nova sección estreada este mes de agosto baixo o nome “O verán en…” e que ofrece diversas informacións da Rúa, Manzaneda, O Barco, Quiroga e Viana do Bolo. O periódico xa pode adquirirse en librarías e quioscos da contorna.