A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa dará a benvida á primavera cunha feira multisectorial na praza

Será o sábado 25 de marzo de 12:30 a 20 horas coa ‘I Feira de comerciantes, artesanía e produtos locais de Valdeorras e comarcas limítrofes’.

 

O vindeiro sábado 25 de marzo, A Rúa dará a benvida á primavera coa ‘I Feira de comerciantes, artesanía e produtos locais de Valdeorras e comarcas limítrofes’. “Unha nova iniciativa que xorde froito da confluencia entre o Concello e o tecido produtivo de A Rúa e que está pensada coma unha primeira toma de contacto que poderá repetirse cada certo tempo en función da súa boa aceptación”, aseguran dende o ente local a través das redes sociais, destacando que a idea é “impulsar, coa colaboración de empresas do municipio para a súa organización, os produtos gastronómicos, artesanais, etc. que temos máis preto de nós”.

O horario da feira será de 12:30 a 22 horas, na Praza do Concello, podendo acoller tamén a rúa Telesforo Ojea no caso da necesidade de ampliar o espazo. “Os participantes deberán aboar a correspondente taxa de feira e seguir as indicacións de concelleiros e Policía Local”, indican dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button