A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa, no acto de irmandamento deportivo no estadio ‘Francisco da Hera’ de Almendralejo

 

Na xornada deste sábado 22 de abril celebrábase un acto de irmandamento no estadio ‘Francisco da Hera’ de Almendralejo. O alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, entregaba unha camiseta asinada por todo o persoal do CD Rúa que está, como o CD Estremadura 1924, inmerso na loita polo ascenso. Tamén se entregaron unha estatua de Sargadelos e unhas bufandas. O CD Estremadura 1924, correspondeu ao xesto nun intercambio que resultou emotivo e no que tamén estivo o alcalde de Almendralejo, José María Ramírez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button