Aínda que dun xeito diferente a como se vivía antes da pandemia, na mañá deste luns 23 de agosto A Rúa Vella rendía culto a San Roque cunha misa ao aire libre, no exterior da capela na que se custodia a imaxe do santo.
Neste luns de agosto, festivo local, o programa especial das Festas de San Roque arrancaba pola mañá cun pasarrúas da Asociación Folclórica Abertal e xa en torno ás 12:30 horas procedíase á celebración da misa campestre no campo de San Roque, mantendo as medidas sanitarias marcadas polo protocolo Covid. Membros de Protección Civil e da Policía Local controlaban que a xente mantivese ben colocada a mascarilla en todo momento.

Nese mesmo entorno, unha vez finalizada a eucaristía, actuaba de novo bertal para amenizar a sesión vermú, bailando e tamén tocando.

Fotos: Carlos G. Hervella.