AletismoDeportesÚltima hora

A San Silvestre ourensá conta xa con preto de 600 inscritos

O prazo da inscrición está aberto ata o día 27 de decembro na páxina web de carreiras galegas

Presentación da carreira.

 

A cidade de Ourense despedirá o ano 2022 cunha nova edición da San Silvestre, carreira popular que organiza o Consello Municipal de Deportes de Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e o Club Deportivo Aurum. Na mañá deste xoves 22 de decembro lugar a presentación desta VII edición do evento que cita o 31 de decembro aos deportistas da cidade para desfrutar dun día de festa no que poderán despedir o ano dun xeito lúdico coa práctica do deporte percorrendo as rúas da cidade. O prazo da inscrición está aberto ata o día 27 de decembro na páxina web www.carreirasgalegas.com. A día de hoxe xa hai 570 atletas que se anotaron.

A principal novidade deste ano é o cambio de percorrido, a causa das obras que se están a realizar na rúa da Concordia. Así, a carreira sairá ás 16.30 h da rúa do Paseo, para dar 2 voltas a un circuíto de 2,33 Km (4,66 en total), en sentido contrario ao habitual (do Paseo cara ao Posío), transcorrendo por:

Rúa do Paseo – Rúa Lamas Carvajal – Praza Maior – Rúa Colón – Rúa Padre Feijóo – Rúa Dous de Maio – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Hernán Cortés – Rúa Cardeal Cisneros – Praza do Trigo – Praza dos Suaves – Praza do Correxidor – Rúa da Lúa – Rúa San Francisco – Rúa Pérez Serantes – Avenida de Bos Aires – Rúa Bedoya – Parque de San Lázaro – Rúa do Paseo.

Haberá premios para os 5 primeiros homes e para as 5 primeiras mulleres, así como para o mellor disfrace individual e de grupo.

A San Silvestre Ourensá incluirá tamén unha carreira de pitufos (16.00 h), de 70 metros de lonxitude, na rúa do Paseo, e outra sub10-sub 12, (16.15 h) cun circuíto de 1 km, polo centro histórico, con medallas para a totalidade dos e das participantes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button