CulturaCulturaÚltima hora

A valdeorresa Fátima Delgado, nun evento galego-estadounidense para homenaxear a Carvalho Calero

Esta iniciativa, que poderá seguirse por Facebook Live, está promovida polo Festival Kerouac desde Nova York, co apoio da Secretaría de Política Lingüística

 

Galicia e Estados Unidos estreitarán lazos a través da cultura e da lingua galega para homenaxear o vindeiro 17 de maio a Ricardo Carvalho Calero. Artistas galegos e representantes do mundo da cultura en EEUU uníranse a través das redes sociais para festexar (ás 12:00 pm en Nova York e ás 6:00 pm en Galicia) o Día das Letras Galegas.

En concreto serán nove artistas da poesía, da música e da xestión cultural os que se xuntarán “nunha aperta trasantlántica que une aos creadores da diáspora norteamericana cos da escena galega, nun intercambio artístico e cultural co poeta Carvalho Calero como eixo central”, segundo a organización. Entre eles estará a poetisa e actriz valdeorresa Fátima Delgado, que participará con versos e unha performance.

 

 

Ademais da creadora valdeorresa, dende Galicia tamén participarán Francisco Fernandez Naval (poesía/ recital), Malvares de Moscoso (poesía / hip hop) e Francisco Castro (poesía / recital). Dende a diáspora neoiorquina estarán presentes Isabel Pérez Dobarro (pianista/ clásica), María Medín Doce (poesía / recital), Manuel Mayo (poesía / lectura) e Yago Vázquez ( Piano / jazz).

No evento, dirixido e presentado por Marcos De la Fuente, cada poeta lerá un poema de Carvalho Calero, da súa elección. Despois leerá ou interpretará un poema propio, influído ou non polo autor homenaxeado deste ano.

Esta iniciativa, que poderá seguirse por Facebook Live, está promovida polo Festival Kerouac desde Nova York, co apoio da Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O enlace dende o que poderá seguirse o evento é o seguinte:
https://m.facebook.com/events/285291019301050/

Artigos relacionados

Back to top button