CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A XXVII Semana Cultural da Asociación O Mosteiro de Vilanova (O Barco) ábrese con cine

 

Coa proxección do filme El Cuento de la Comadreja, ás 22 horas do martes 10 de agosto nas pistas deportivas de Vilanova, vén de iniciarse a XXVII edición aa Semana Cultural da Asociación O Mosteiro, cuxas actividades continuará ata o 13 de agosto.

Así para o venres día 13 está previsto un concerto a cargo do dúo Carta de Ajuste, formado por David Taboada e Iván Valdés, que animará aos asistentes con versións de cancións ben coñecidas aderezadas cuns toques de humor. A cita será ás 22 horas de novo nas pistas deportivas.

 

 

Esta edición da Semana Cultural de Vilanova conta coa colaboración do Concello do Barco, “a quen lle agradecemos a súa boa disposición”, aseguran dende a Asociación O Mosteiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button