ConcellosO BarcoÚltima hora

A zona vella do Barco, a escuras ao fallar o alumeado público a pasada noite

 

Na pasada noite o casco vello do Barco estaba practicamente a escuras, ao non funcionar o alumado público desta zona. Dende o inicio da rúa Doutor Pérez Lista, seguindo pola praza Maior e rúas Real e San Roque e mesmo a praza das Airas. Tan só era posible guiarse polas luces acesas dalgunhas casas.

Esta situación causaba malestar entre os veciños e persoas que pasaban pola zona, que nalgúns casos tiñan que botar man do teléfono móbil para poder camiñar.

“Trátase dun problema pola avaría no subministro eléctrico que houbo onte nesa mesma zona, e dende a compañía eléctrica asegúrannos que xa nesta mañá estaban traballando para solucionalo”, sinala o alcalde do Barco, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button