AletismoDeportesÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para a San Martiño 2023 que se celebrará o 12 de novembro en Ourense

 

A XLVI edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 12 de novembro de 2023 e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA e por procedementos automatizados contratados pola organización.

Coma sempre haberá catro carreiras. A absoluta sairá ás 11 horas dende a Ponte do Milenio, o mesmo punto do que partirá a escolar (Sub18, Sub16 e Sub14) ás 12:30 horas; e tamén a infantil (Sub12 e Sub10) ás 13:20; e a inclusiva ás 13:30 horas.

A inscrición para participar estará aberta ata o 5 de novembro. No tocante á inscrición de colexios, realizadas polos propios centros será ata o 27 de outubro, a través da web carreirasgalegas.com

A recollida de dorsais–chips e camisetas realizarase no Pavillón Municipal de Os Remedios o venres, 10 de novembro de 16 a 20h. e o sábado, 11 de novembro de 10 a 14 e de 16 a 20h. Non se entregarán dorsais o día da carreira; e a recollida anticipada para os inscritos ata o 27 de outubro, será os días 3 e 4 de novembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button