ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Abre as súas portas o Super Onda Vilariño de Conso

 

Na mañá deste luns 19 de decembro abría as súas portas Super Onda Vilariño de Conso, situado na praza desta vila e cuxa xerente é María José Núñez García. Anteriormente xa existía nesta localidade un supermercado, pero tras a xubilación da persoa que estaba á súa fronte, e para a que traballaba María José, esta moza decidía poñer en marcha un novo proxecto propio, sendo franquicia de Eroski.

Súper Vilariño conta cunha gran oferta de produtos de alimentación e tamén ten carne fresca emblistada. “A intención é poder ofrecer carne segundo a demanda e, mesmo se hai moita, poder incorporar a un carniceiro ao mellor algún día á semana”, explica María José, tras unha mañá intensa de traballo, pero na que se sente moi contenta de poder ofrecer este servizo aos seus veciños.

Este supermercado tamén conta con seccións de bazar e librería, así como con outros produtos co fin de poder achegarlle a maior variedade de artigos á veciñanza, posto que se trata do único da vila.

Este establecemento ten un horario de apertura de 9:30h. a 14h. e de 17:30h. a 20:30h. de luns a venres, e os sábados de 9:30h. a 13:30h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button