ConcellosO BarcoÚltima hora

Ábrense as inscricións para o Campamento de Nadal do Barco

 

O Campamento de Nadal, que organiza a Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco, en colaboración con Vagalume, abrirá mañá 2 de decembro as inscricións, que poderán facerse na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán. O prezo é de 40 euros por neno e o prazo rematará o 16 de decembro.

Ademáis, se os interesados queren facer uso do servizo de agarda (que os nenos vaian unha hora antes e ata unha hora despois do horario do campamento), costará 5 euros por hora de uso a maiores, segundo se informa dende o Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button