CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Adolescentes do Barco crean programas de radio para loitar contra as inxustizas

Forman parte do proxecto 'Activistas polo mundo que queremos' que se desenvolve no IES Lauro Olmo dende principios de curso

 

Tal como infroman dende AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), os máis de 60 alumnos de 3º da ESO e FP básica do IES Lauro Olmo do Barco que participan este ano no proxecto de educación en valores ‘Activistas polo mundo queremos’ adicarán este luns 21 de febreiro a gravar varios programas de radio para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.

En obradoiros anteriores aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo.   Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e  gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.

Así o alumnado do Barco súmase os case cincocentos mozos e mozas que dende Redondela, Cambre, Pastoriza, Monforte e Caldas de Reis participan este ano na 9º edición dun “proxecto de educación para a cidadanía global que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e ao  financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE”, explican dende Agaeso.

A iniciativa forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os horarios das gravacións de radio o vindeiro luns 21 de febreiro no IES Lauro Olmo son:
3º A ESO: 10:30h-12:10h.
3º B ESO: 12:30h-14:10h.
FP BÁSICA: 15:40h-17:20h.

Artigos relacionados

Back to top button