DeportesPiraguismoÚltima hora

Adrián Prada non poderá competir en Moscú ao suspender a federación española a viaxe dos padexeiros

Publicidade
O piragüista Adrián Prada, no nacional de maratón celebrado en maio./ Foto: Lois Prada F.

 

Estaba previsto que mañá, 9 de xullo, o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, tomase a saída no Campionato de Europa de Maratón, en Moscú, en K1 Sub23. Sen embargo, nin el nin o resto de padexeiros españois clasificados para esta competición poderá facelo xa que a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) decidía cancelar a viaxe desta delegación polas condicións sanitarias existentes en Rusia. Sen embargo, o campionato si se vai celebrar en Moscú.

“Ante a evolución dos acontecementos relacionados co desenvolvemento da pandemia do Covid 19, o comité de Maratón, reunido de urxencia, decidiu non realizar a viaxe do equipo ao Campionato de Europa de Maratón que se ía realizar”, sinalaba no comunicado a RFEP.

A decisión trunca os plans do piragüista valdeorrés, que estaba moi ilusionado por volver a competir nun europeo.

Artigos relacionados

Back to top button