ConcellosO BarcoÚltima horaVerín

Adxudícanse case 10.000 m2 de solo industrial nos concellos do Barco e Verín

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo este mesmo ano

Polígono industrial da Raña (O Barco).

 

A Xunta vén de adxudicar case 10.000 m2 de solo industrial nos concellos do Barco de Valdeorras e Verín cunha bonificación global de máis de 280.000 euros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo este mesmo ano.

No caso do polígono de Pazos, en Verín, adxudicouse unha parcela de 3.300 m2 e no do Barco foron adquiridas tres, que suman 6.250 m2. No conxunto da Comunidade, adxudicáronse 22 parcelas, en sete parques empresariais de titularidade do IGVS, que suman unha superficie global de 26.547 m2.

Os empresarios, aos que lles foi adxudicado esta superficie, beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros, tras aplicarlle unha bonificación de 665.000 euros.

As parcelas adxudicadas son as seguintes:

A bonificación de compra de solo é unha das medidas que o Goberno galego manterá no vindeiro exercicio, co fin de favorecer a implantación de novas firmas ou a expansión e ampliación das que xa existen en Galicia.

“Para o 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros para esta liña de acción que ten boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial, aos que agora se suma a superficie adxudicada neste concurso”, adianta a Xunta.

Ademais, tamén se prevé unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias.

Artigos relacionados

Back to top button