
Os datos indican que a tendencia de casos activos de coronavirus comeza a baixar no Barco. Así o sinala o seu alcalde, Alfredo García, botando man das cifras que lle facilita a Consellería de Sanidade. O pico de positivos alcanzábase na pasada semana, cando se chegaba aos 87 casos, e a partir de aí a curva parece que comeza a descender, sendo 72 os casos rexistrados a data de 12 de outubro.
“Imos baixando algo todos os días, na xornada de onte foi na que máis baixamos. Penso que estamos agora mesmo en pleno proceso de contención, pero hai que ser prudentes. O importante é que a tendencia está sendo positiva”, asegura Alfredo García.
Con respecto á reunión que o comité clínico de expertos sanitarios está a celebrar esta tarde, Alfredo García cre que nel non se tomará ningunha nova medida restristiva con respecto ao Barco. “O que pase na reunión que celebrarán o venres xa depende de como evolucione a situación nese momento”, indica.