CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnado do IES Martaguisela visita o Parlamento galego e saúda aos deputados valdeorreses

 

Un grupo de alumnos de 4º da ESO do Instituto Martaguisela do Barco facían unha visita o 10 de maio ao Parlamento de Galicia. No seu decurso coñecían a historia desta institución, percorrían as súas instalacións e tamén coñecían o funcionamento e estrutura da Cámara galega.

Durante a visita, ademais, saudaban aos dous deputados valdeorreses no Parlamento galego: Eduardo Ojea (PSdeG-PSOE), que foi ademais profesor dalgúns destes alumnos antes da súa xubilación como docente, e María G. Albert (BNG).

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button