CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo do Barco visitan a exposición de Enrique Fernández Prada, no Casino

 

Dous días antes de que sexa retirada, un grupo de alumnos do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras visitaban a exposición de Enrique Fernández Prada, no Casino.

Quen aínda non a vise, aínda poderá facelo mañá de 19 a 20:30 horas e o venres de 19 a 21 horas, pero os alumnos de 1º de Bacharelato do instituto barquense tiveron a oportunidade de desfrutar da exposición na mañá deste mércores 26 de outubro, acompañados polo profesor de Historia e Arte, José Izquierdo.

 

Enrique Fernández Prada explicando a exposición.

 

Da man do propio artista, os alumnos fixeron un percorrido pola mostra ‘Dende a emoción’ unha mistura da idea do mundo interior e a realidade do lugar onde habita actualmente, O Barco. Segundo as palabras de Enrique, é unha viaxe “pero non só pictórica senón tamén vital, na que fago un percorrido ao longo do tempo, con personaxes tanto imaxinarios como realistas pero sempre acompañado dos seres queridos que marcan unha nova dirección cara onde quero ir e atoparme no lugar de orixe que é o Barco”.

 

Os alumnos do IES Lauro Olmo que visitaron a mostra.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button