CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta na Rúa o show acústico en feminino “Violet Mood”

Hoxe actúa no Restaurante Ruxe-Ruxe de Quiroga e mañá faráo no Bar Musical Bravo Lux

Alicia Losada.

 

Alicia Losada, coñecida artisticamente como Aly Alma e con orixes en Quiroga por parte de nai, estará esta fin de semana de visita por estas terras con dous bolos programados nos que promete facer gozar ao público co seu proxecto Aly Alma Music de concertos en acústico.

Trátase dunha artista afincada e moi recoñecida en Cataluña que pasa tamén por ser unha das mellores opcións para aqueles locais que queren ofrecer ao seu público experiencias de calidade, de música en vivo orgánica e moi elegante inspirada nas raíces da música afroamericana.

Nos seus directos traballa con cinco repertorios en diversos formatos e traballados cunha estética e conceptos moi definidos, que incluso teñen a vantaxe de poder adaptarse ao tipo de celebración: ceas-concerto, concertos, celebracións…

 

 

Para esta mini-xira que a trae á súa Quiroga de orixe, e á Rúa, Aly Alma ofrece un espectáculo no que, baixo o título “Violet Mood”, fará un tributo a artistas femininas como Tina Turner, Janis Joplin ou Amy Winehouse. “O Show”, como ela mesma conta”, estreouse o pasado mes de marzo en Barcelona coa intención de visibilizar a estas mulleres tan relevantes no panorama musical internacional.

Hoxe 26 de abril actuará no Restaurante Ruxe-Ruxe de Quiroga ás 22:30 horas nun evento que se presenta como cea-concerto; e mañá sábado 27 ofrecerá un concerto no Bravo Lux da Rúa. Neste caso, o acústico será ás 20 horas na sesión de tardeos que adoita programar este establecemento ao longo do ano.

Artigos relacionados

Back to top button