En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Amable Fernández, novo alcalde de Manzaneda

Resultaba elixido co apoio dos tres votos do PSdeG-PSOE e coas abstencións dos dous edís de Son de Manzaneda, mentres que os concelleiros do PP votaban en contra

Cambio á fronte da alcaldía de Manzaneda. O socialista Amable Fernández vén de converterse en rexedor deste municipio nunha sesión plenaria que comezaba ás nove da mañá coa constitución da nova Corporación da que forman parte 3 edís do PSdeG-PSOE, 2 de Son de Manzaneda-En Marea e 2 do PP.

Despois procedíase á votación para a elección do novo alcalde desta lexistura que agora se inicia. A votación dáballe o cargo ao candidato socialista Amable Fernández, os dous concelleiros populares votaban en contra e os dous edís de Son de Manzaneda abstíñanse.

As primeiras palabras do novo alcalde de Manzaneda eran de agradecemento para o anterior rexedor, Félix Domínguez pola correcta transición no cargo, así como para aquelas persoas que o apoiaron “antes e durante os días da campaña”. Ademais expresáballe o seu agradecemento á súa familia, parte dela presente na sesión.

Fernández amosaba a súa intención de traballar “duro polo concello para sacar adiante a gobernabilidadena medida do posible”.

Fotos: Fernando Santalla.

Artigos relacionados

Back to top button