Política

Antonio Pérez Rodríguez, elixido presidente local do PP de Xinzo

Lograba o 97,6% dos votos emitidos no congreso celebrado na tarde do 5 de setembro nesta localidade
Un dos momentos do congreso local do PP de Xinzo da Limia.
Un dos momentos do congreso local do PP de Xinzo da Limia.

Antonio Pérez Rodríguez vén de ser escollido como presidente do PP de Xinzo de Limia no congreso local que esta formación política celebraba na tarde do 5 de setembro na Casa da Cultura desta vila ourensá. A súa era a única candidatura presentada e conseguía o 97,6% dos votos emitidos.

Tras a súa elección, Pérez Rodríguez debullaba os principais retos de futuro do PP en Xinzo. Así sinalaba que “o noso máximo obxectivo é mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. E para eso é preciso a creación de emprego, punto de partido imprescindible para que redunde na mellora dos servizos”. A mellora nas infraestruturas e a posta en marcha de proxectos en colaboración co resto de administracións tamén foi un dos eixos do discurso do presidente local electo, do mesmo xeito que, en clave orgánica do partido, incidía na importancia de “manter a unidade dos nosos militantes e simpatizantes ao carón do PP, e fomentar a incorporación da xente nova á política, sobre todo reforzando as Novas Xeracións de Xinzo de Limia”.

Ao congreso asistían tamén o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda Valenzuela, e o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar. Mentres Rueda salientaba a intensa actividade orgánica desenvolvida no PP de Ourense, con 53 congresos locais celebrados ata o día de hoxe; Baltar aludía na clausura do acto á capacidade de traballo deste partido, que se basea “na cooperación, en estar ao carón da xente e en exercer a política con maiúsculas: a que dá resposta ás necesidades e problemas dos cidadáns”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button