ConcellosO BarcoÚltima hora

Aprobada unha moción do BNG para “protexer os topónimos orixinais das rúas do Barco”

Saía adiante no pleno desta tarde por unanimidade e no seu texto tamén se pedía a normalización lingüística das placas ou sinais informativas no Concello do Barco

 

Por unanimidade resultaba aprobada no pleno ordinario de xaneiro, celebrado esta tarde no Barco, unha moción do BNG relativa á necesidade protexer os topónimos orixinais das rúas e á normalización lingüística das placas ou sinais informativas no Concello do Barco. A iniciativa, exposta polo concelleiro nacionalista Manuel Agra, comezaba lembrando que “os nomes de lugares (os topónimos) representan un valor cultural que contribúe a dar acoñecer e respectar o patrimonio, favorecen o diálogo intercultural e aseguran a sustentabilidadedo territorio. Teñen un valor educativo ambiental e patrimonial”, ademais de destacar a importancia de conservar os “topónimos orixinarios”.

Con ese fin, o BNG propoñía na súa moción o seguinte: “colocar un letreiro no campo de fútbol co nome de Calabagueiros. Ben visible, para que axente o vexa. Colocar á entrada de Viloira, logo da ponte de San Fernando, un letreiro co nome de Viloira. Corrixir e normalizar lingüisticamente os letreiros que afectados pola mestura lingüística temosnalgunhas rúas do noso concello, como por exemplo están na: Calle de el Chao, Calle de la Veiguiña, Calle de Penaguillón, Calle de Vicente Risco…, adaptándoos á Lei de NormalizaciónLingüística 4) Normalizar os letreiros das rúas que están en idioma castelán para adaptalos á lei denormalización lingüística, como por exemplo o da Calle de las Arenas..5) Repoñer outros letreiros que están en galego, pero coa placa moi deteriorada”.

 

 

A inciativa saía adiante cos apoios tanto do PP como do PSdeG-PSOE. Así a concelleira popular Maite Estévez, indicaba en que “estamos de acordo en adaptar os letreiros á normativa lingüística e cremos que estes deberían ser respectuosos en todas as rúas e que se homoxenicen”.

Tamén amosaba o seu apoio á moción a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, e ademais explicaba o traballo que se leva feito dende a aprobación do nomenclátor dende o ano 2004 a prol “da normalización e normativización de toda a toponimia no Concello do Barco”.

 

Artigos relacionados

Back to top button