Asume a función de liderar e coordinar o traballo que desenvolverá o grupo popular, segundo vén de anunciar o partido
Os concelleiros do PP no Barco veñen de elixir, por unanimidade, a Arsenio Moldes como portavoz do seu grupo municipal para os vindeiros catro anos. Así se facía público a través dunha nota de prensa, tras presentar na mañá do 18 de xuño un escrito no Concello.

Moldes, que xa ten exercido de portavoz adxunto durante os últimos anos, desenvolverá as funciones de organización e coordinación do traballo do seu grupo e compartirá co edís Carlos Javier Crespo e Sabina Aguado a tarefa de trasladar a información do labor do grupo, tanto “aos medios de comunicación, como nas diferentes intervenciones nas sesións plenarias”, segundo se indica no comunicado.
O novo portavoz popular amósase “ilusionado nesta nova etapa, na que por suposto botaremos de menos ao que foi o noso portavoz durante os últimos 8 años, Moisés Blanco”.