A RúaConcellosEn portadaÚltima hora

Artesanía e produtos locais de Valdeorras e comarcas limítrofes, na Festa da Primavera da Rúa

 

Gastronomía, música, antigüidades, xoguetes, artesanía, moda, coleccionismo,… Son algunhas das propostas que acolle a ‘I Feira de comerciantes, artesanía e produtos locais de Valdeorras e comarcas limítrofes’, a Festa da Primavera que se celebra na Rúa.

Dende a mañá e ata as 22 horas, estarán na praza do Concello e en parte da rúa Telesforo Ojea, un bo numero de postos con artigos moi variados á venda, ademais de tera posibilidade de tomar un vermú ou degustar algunha tapa.

 

 

Tal como avanzan dende o Concello da Rúa, a iniciativa e froito da confluencia entre o Concello e o tecido produtivo de A Rúa e está pensada “como  unha primeira toma de contacto que poderá repetirse cada certo tempo en función da súa boa aceptación”.

Vídeo da feira cedido: https://youtube.com/shorts/A5qMRQHCmls?feature=share

Fotos cedidas/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button