
O martes 4 de marzo celebrarase nunha carpa na Estación de Autobuses da Rúa o xantar popular Cocido de Entroido amenizado pola charanga Bicoia. Será a partir das 14 horas cun menú composto por sopa, cocido, bica, viño, café e licores. O prezo da entrada é der 25 euros e estarán á venda a partir deste mércores 12 de febreiro.
Será a principal novidade no programa do Entroido do Concello da Rúa (o ano pasado houbo unha cea), que inclúe festa infantil (17 horas) e concerto de Broken Peach (20:30 horas) o sábado 1 de marzo; o desfile de comparsas e folións o martes día 4 ás 17 horas dende o Campo Grande ata a praza da Estación; e o Enterro da Sardiña o mércores día 5 na Rúa Vella.




