A RúaConcellosÚltima hora

As entradas para o Samaín’23 da Rúa Vella estarán á venda ata o 31 de outubro

Celebrarase o 4 de novembro e este ano a actividade inclúe dous turnos, un infantil e outro xuvenil

Samaín 2022 na Rúa Vella./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras un novo e exitoso magosto, a Asociación Sabugueiro está xa metida de cheo na organización do Samaín da Rúa Vella que este ano inclúe un turno infantil e outro xuvenil.

Será o vindeiro 4 de novembro cun percorrido polas rúas do pobo cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. O punto de encontro será o atrio da igrexa de Santo Estevo e para conseguilo, os participantes deberán seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”. O Samaín infantil, recomendable para menos de 10 anos, será de 16:30 a 18:30 horas; e o xuvenil de 19 a 21 horas.

 

 

Ademais dos nenos e mozo que completen os percorridos, a xente que o desexe pode participar como casa colaboradora ou como personaxe terrorífico.

O ano pasado a actividade superou todas as expectativas con 200 cativos disfrazados percorrendo A Rúa Vella. As estradas desta edición (7 euros) estarán á venda ata o martes 31 de outubro no Colmado.

Artigos relacionados

Back to top button