ConcellosÚltima horaVilamartín

As festas de Córgomo na honra a Santa Marta celebraranse por todo o alto do 28 ao 30 de xullo

O vernes día 29 ás 21 horas presentarase o equipo de fútbol Córgomo Vilamartín e o sábado día 30 actuarán Los Íñigos

Publicidade
Los Íñigos actuarán o sábado día 30 de madrugada./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras dous anos de parón, a localidade vilamartinesa de Córgomo vivirá este ano por todo o alto as festas patronais na honra a Santa Marta, que se celebrarán do 28 ao 30 de xullo.

O programa arrancará o xoves con baile e verbena a cargo da orquestra Panama Band, aínda que será o venres, 29 de xullo, o día grande que arrancará con alborada, pasarrúas e sesión vermú coa charanga TDB. A procesión coa imaxe da santa será ás 12 horas seguida da eucaristía e xa pola tarde, en torno ás 21 horas, presentarase oficialmente o equipo de fútbol Córgomo Vilamartín que comezará nesta tempada a súa andaina en segunda autonómica. Ese día o baile e a verbena correrán a cargo da orquestra Fania Blanco Show.

A festa continuará o sábado día 30 pola noite. Ás 21:30 horas será a inauguración da Festa da Cervexa con música a cargo de Dj Barrancas e Los Bastardos coa xira ‘Viva o viño’ e xa de madrugada, actuará o grupo valdeorrés de versións Los Íñigos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button