Tralo éxito do magosto celebrado na pasada fin de semana, o Bar O Callejón (Viana do Bolo) presenta a súa Halloween Party.
Será mañá, xoves 31 de outubro, e contará con numerosas actividades. Dende baile de disfraces ou pintacaras a partir das 19:30h. ata un concurso de disfraces (os clientes serán os votantes e haberá 1º e 2º premio).
Tampouco faltarán pinchos e moitas sopresas coa animación musical de Dj Tariro.




