En portadaÚltima hora

‘Bohêtique’ unha marca de cosmética natural con selo valdeorrés

A súa fundadora é Estefanía Vázquez Rodríguez e ten a sede social na Rúa

 

Da necesidade de crear un produto que realmente funcione e manter unha coherencia cun plantexamento de vida saudable, natural e sobre todo respetuoso co medio ambiente, nace ‘Bohêtique’ unha marca de recente creación que “reinventa a cosmética capilar de forma sostible e natural”.

“Hai moitas promesas no mundo da cosmética pero no caso concreo do cabelo, nunca atopei algo que realmente fixese o prometido, hidratar sen engraxar”, di a súa creadora, Estefanía Vázquez, destacando que un dos valores da súa marca é precisamente “cuestionar e reinventar o existente”.

 

 

Pola necesidade de ter un produto que de verdade nutre, hidrata, repara e non engraxa grazas aos seus aceites naturais, sen siliconas nin parabenos, nace o serum capilar Hair Serum, o produto de presentación co que se lanzaba ao mercado online hai apenas tres meses. “Ante a miña propia necesidade e despois de reunir a un equipo de expertos en beleza e cosmetoloxía, propúxenme desafiar á industria e iso significaba volver ao básico, ao natural; reinventar o establecido sendo verdadeiramente eficaz e natural”, explica a súa creadora.

 

 

Estefanía Vázquez Rodríguez é unha xove emprendedora e cidadana do mundo (criouse en Verín, viviu moitos anos en París e sobre todo en Madrid), pero galega cento por cento, e máis concretamente valdeorresa, con raíces en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) e sobre todo A Rúa onde naceu e onde ten a sede social da empresa, polo que pode presumir do selo Made in Galicia da súa marca. “Eu son galega, a marca é galega e está subvencionada pola Xunta,… incluso o packaging que fai GRAFINCO de Monforte, parte de Galega de Economía Social, COGAMI Empresarial, quen comparte unha visión que lles inspira: a inclusión laboral de persoas con discapacidade”, conta orgullosa.

‘Bohêtique’ e o seu serum capilar saía ao mercado en maio deste mesmo ano pero a idea xurdía en plena pandemia. “Son avogada e nos últimos anos adiqueime a estilismo e comunicación de moda ata que en xaneiro de 2022 deixeino todo e volvín a Galicia para emprender. Foi tido un reto e supuxo moito sacrificio tanto a nivel económico como persoal pero estou moi contenta de ter dado o paso”, asegura Estefanía satisfeita co resultado e pensando xa no seguinte produto.

 

 

“O do serum era algo que necesitaba urxentemente pero a seguinte idea irá centrada en facer algo para o corpo. Seguiremos reinventando cousas que xa existen, sempre con produtos naturais, e con algor da terra, pensado para a hidratación da pel”, conclúe Estefanía.

Fotos: Humonki.com
Máis información e pedidos en www.bohetique.com

Artigos relacionados

Back to top button