En portadaÚltima hora

Carlos Domínguez, cantautor con orixes en Valdeorras, lanza un single adicado á xente maior, a máis afectada polo Covid-19

"Largo, camino largo" fala da xeración da xente, como os seus pais, que tivo que emigrar e hoxe sofren o azoute da pandemia

Carlos Domínguez en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Case tres anos despois de presentar o seu disco Mientras bailamos en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) e en plena pandemia polo coronavirus, Carlos Domínguez lanza o último single dese traballo, Largo, camino largo, unha canción moi especial adicada á xente maior (pais e avós). “Unha xeneración que tivo que coller un tren na Rúa (por exemplo) e emigrar lonxe para buscarse a vida e un futuro que aquí non se lle ofrecía”, explica este cantautor madrileño con orixes no municipio de O Bolo, que reflexa neste tema o destino da súa propia familia. “Primeiro emigrou a miña nai en 1959 e despois o meu pai en 1962, naturais de Celeiros e Valdanta que non se coñeceron ata chegar a París”.

Esa  mesma xeración xogou un papel importante entre 2008 e 2011 “para axudarnos a saír da crise máis grave que sufrira España, grazas aos seus aforros, pensións, tempo e esforzo”, di Carlos. A mesma que agora, en 2020 “sofre o embate do coronavirus levándose a moitos por diante sen posibilidade nin de despedirse deles”, asegura, recoñecendo que en Madrid “coñezo varios casos de amigos que perderon aos seus pais dese xeito tan cruel”, e a cifra segue subindo.

“Creo sinceiramente que a ningunha xeración lle deberá nunca tanto á nosa sociedade”, di Carlos e por iso decidía lanzar agora ese último single do disco, como “un canto de recoñecemento e de esperanza a esas persoas que nun momento dado berraron (como di a canción):
Junté mis manos y grité “seré capaz”
si hay algo más fuerte que el amor
es la necesidad...”

 

Artigos relacionados

Back to top button