OurenseÚltima hora

Castro Caldelas crea un “bosque comestible” no Parque da Devesa

 

A carón da ruta de sendeirismo dos “Bosques Máxicos”, no Parque da Devesa os alumnos do Obradoiro Caldelas VI veñen de preparar un “bosque comestible”, con multitude de plantas, froitos vermellos, árbores froiteiras e plantas medicinais. Hai avelás, cereixas, mazás, grosellas, arandos, amorodos, conchos, tomates, romero, menta, xarxa… “para que todos os veciños e visitantes poidan desfruar libre e gratuitamente. Así os sendeiristas e caravanistas tamén atoparán froitas ao seu dispor”, sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Ademais os visitantes atoparán unha zona sinalizada para que reclicen e fagan fertilizante natural, depositando os seus residuos para compostaxe.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button