Eleccións municipaisPolítica

Charla sobre cardioloxía organizada por Riada Cidadá no Barco

O doutor Ramón Ríos, foi o encargado de impartir a conferencia centrada no infarto agudo de miocardio
Un momento da conferencia organizada por Riada Cidadá no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
Un momento da conferencia organizada por Riada Cidadá no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

A prevención é a mellor forma de convater unha patoloxía cardíaca e cun control adecuado da tensión arterial, o colesterol, o tabaquismo, o sedentarismo e a obesidade, poderían evitarse unha alta porcentaxe dos infartos. Así o manifestaba o doutor Ramón Ríos Vázquez, na conferencia sobre o infarto agudo de miocardio que Riada Cidadá organizaba na tarde do sábado 16 de maio.

Ramón Ríos, do servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, forma parte da lista coa que Riadá Cidadá concorre no Barco de Valdeorras ás eleccións municipais do 24 de maio, e durante a súa intervención no salón multiusos da vila, explicou como recoñecer os signos que indican que se está a sufrir un infarto e como actuar. Asegurou que “ante un infarto de miocardio é primordial abrir a arteria coronaria ocluída o antes posible” engadindo que “na área de Valdeorras hai un índice moi alto de pacientes que non se benefician das terapias para abrir a arteria ou o fan demasiado tarde”. Nese sentido explicou como unha reorganización dos recursos podería salvar vidas e evitar discapacidades.

Artigos relacionados

Back to top button