No medalleiro 2021 da III Edición de VinEspaña, celebraba en Almendralejo (Estremadura) do 27 ao 29 de abril, figuran cinco viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Tres deles son os brancos Quinta da Peza Godello 2020 (da adega Quinta da Peza) que lograba a medalla de ouro, o Paco & Lola Godello 2020 (Paco & Lola Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G.) distinguida cunha prata e o Viñaredo Godello 2020 (Santa Marta) que tamén se facía cunha prata.
Ademais, a adega vilamartinesa Santa Marta lograba outros dous galardóns. Na categoría de tintos ganaba unha prata co Viñaredo Mencía 2020 e na de viños de uvas minoritarias recibía un gran ouro polo seu Viñaredo Sousón Barrica.
Este certame ten sido organizado pola Federación Española de Enoloxía busca favorecer o coñecemento de viños gran calidade “entre os consumidores, destacando os viños premiados e a riqueza vinícola do noso país, así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, fomentando o coñecemento vinícola. Ao mesmo tempo que se reforza o prestixio e a confianza nos concursos desta categoría”, din os organizadores.