En portadaSanidadeÚltima hora

Ciro Cabezas, novo xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

Cambios organizativos na Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde de Ourense, Verín e O Barco
Ciro Cabezas, novo xerente do Hospital Comarcal Valdeorras.
Ciro Cabezas, novo xerente do Hospital Comarcal Valdeorras.

Cunha reorganización do seu equipo comeza o ano a Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde de Ourense, Verín e O Barco. Cambios que responden ao obxectivo de “reforzar esta área de cara ao reto que plantexa a apertura, este ano, do novo Edificio de Hospitalización e a coordinación e potenciación dos Servizos Médicos e Urxencias”, segundo se adianta dende este organismo.

Unha das novidades é a incorporación ao equipo directivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), como novo director de Procesos Asistenciais, de Antonio Alvarez García. Nos últimos anos desenvolveu o posto de director de Atención Sanitaria e Saúde Publica da Área IV do SESPA (Servizo de Saúde do Principado de Asturias), con competencias na dirección tanto dos centros de Atención Primaria como Especializada, que inclúen ao Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) -hospital de referencia desta comunidade con 1.200 camas- así como ao Hospital Monte Naranco, e aos 23 equipos de Atención Primaria, cunha cobertura poboacional superior aos de trescentos mil usuarios.

O novo director de Procesos Asistenciais, Antonio Alvarez García.
O novo director de Procesos Asistenciais, Antonio Alvarez García.

Ademais, Ciro Cabezas Checchi, ata o momento responsable da dirección de procesos asistenciais, pasa a asumir a Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV), que xa viña coordinando, e asumirá o reto de potenciar as especialidades médico-cirúrxicas e súa coordinación coa Xerencia de Xestión Integrada, así como a posta en marcha de novas unidades, como hospitais de Día, potenciación da Hospitalización a Domicilio e extensión das Consultas de Alta Resolución.

Pola súa banda, Guillermina Agulla, ata agora responsable do HCV, retorna á Xerencia do Hospital de Verín, que ocupou entre os anos 2010 e 2013, substituindo a Antonia González Araujo, que cesa a petición propia para voltar ao seu traballo asistencial.

Artigos relacionados

Back to top button