DeportesEn portadaÚltima hora

Cita co “II San Xil Casaio Andaina e Trail” o vindeiro 14 de maio

 

Ata o vindeiro 8 de maio estarán abertas as inscricións para a II San Xil Casaio Andaina e Trail (Carballeda de Valdeorras). A principal novidade desta edición estará no trail de 33 km, que subirá preto de Pena Trevinca e baixará polo val glaciar do Foio Castaño. Ademais haberá dúas andainas: unha de 16 km e outra de 20 km e un trail de 20 km.

Esta proba deportiva esta prevista para o próximo día 14 de maio. As persoas interesadas poden realizar as súas incricións en www.sportmaniac.com ou nos establecementos Bicis Chapi, Deportes foot on mars e no Supermercado de Casaio.

Esta cita, promovida por Rutas Xanzá e pola Comunidade de Monte Veciñal en Man Común da Serra de Casaio e Lardeira (Carballeda de Valdeorras).

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button