En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cita coas oportunidades no VIII Mercaberto, no Malecón

Esta mostra, que inclúe actividades paralelas como un concerto de Los Íñigos, abría as súas portas na tarde do 26 de agosto

Ao longo de dous días, o venres 26 e o sábado 27 de agosto, o Paseo do Malecón do Barco será escenario do VIII Mercaberto, unha iniciativa promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello.

Nesta feira participan unha ducia de expositores: Moral Zapatería, Can-Can, Librería Murciego, Novedades Maribel, Mis Personajes, Fíos Moda, Ton y Son, Perfumería-Droguería Damas Escuredo, D’Chus, Paka-Maka e Pilardos. Tamén conta cun posto propio a asociación Asfaval.

Nestes stands achegarase ao público a moi bo prezo artigos de sectores tan diversos como o “téxtil, zapatos, agasallos, complementos, música, decoración…”, tal e como resaltaba no acto inaugural a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes. Lembraba asemade o horario de apertura da feira: ata as once da noite o venres e o sábado 27 de 11h. a 14h. e, pola tarde, ata as once da noite. Ademais agradecía a colaboración do Concello do Barco. Ao lado, o alcalde barquense, Alfredo García, destacaba o positivo desta iniciativa e poñía en valor a importancia do sector comercio no municipio.

Ademais como actividade complementaria a esta mostra, a partires das once da noite do venres 26 de agosto actuará nas proximidades do recinto feiral o grupo valdeorrés “Los Íñigos”, que se caracteriza por facer versións de temas dos anos 80 e 90.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button