EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Cobra vida o Mercadiño de Nadal do Barco, que poderá visitarse nesta fin de semana

Está instalado na praza do Concello e unha das súas novidades é un carrusel, que nestes dous días, será gratuíto para os cativos

 

Cunha ampla diversidade de produtos (dende diversos doces como a bica e o pan, licores e mel ata fariña de castañas ou conservas) e diversa artesanía abrían as súas portas ás 11h. desta mañá de 16 de decembro os expositores do Mercadiño de Nadal do Barco. Así, as persoas que visiten esta fin de semana a praza do Concello desta vila atoparanse coa 13ª edición desta mostra que achega multitude de artigo de calidade, boa parte deles locais. Tamén contan con postos algunhas asociación de carácter benéfico da zona.

Unha da novidades desta edición, que organiza o Concello do Barco, será que nestes dous días os cativos poderán montar, de xeito gratuíto, no carrusel de Nadal instalado no recinto feiral.

 

 

Os dous días, haberá inchables no Pavillón Polideportivo, no mesmo horario do do mercado, e tamén se organizaron diferentes actividades para nenos e maiores.O sábado celébranse obraoiros para nenos e para todos os públicos, tanto pola mañá como pola tarde. Para nos nenos, de 3 a 10 anos, ofrécese un obradoiro de creación dun xogo de Nadal. Para todos os públicos faranse obradoiros de adornos de Nadal con arcilla e con tela. Tamén o sábado, ás 18 horas, celébrase na praza de Abastos unha chocolatada solidaria.

O domingo 17, celebrarase unha cata de produtos (tanto de alimentación como de viños e licores), presentes no Mercado de Nadal. Estará dirixida pola enóloga Cecilia Fernández (con prazas limitadas e inscrición previa).

Tamén o domingo terá lugar un obradoiro para todos os públicos,, de ensamblaxe e personalización dun arboliño de Nadal. Haberá catro grupos, etre as 16h. e as 17:30h. Para todos os obradoiros, as inscricións deben realizarse no propio recinto do Mercado.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button