ConcellosO BarcoÚltima hora

Comeza a plantación de preto dun cento de árbores no casco urbano do Barco

 

Hoxe comenzaron os traballos de plantación de case que un cento de árbores no casco urbano do Barco. “Trátase en algúns casos de repoñer exemplares deteriorados por diferentes circunstancias, ou que se secaron nos últimos meses. Tamén se plantarán algúns en novas ubicacións”, segundo se informa dende o Concello.

A plantación realizarase en diferentes rúas do Barco (avenida do Bierzo, Deputación, Ramón y Cajal, praza José Otero, Estación, Malecón, Marcelino Suárez, Eulogio Fernandez e zonas de aparcadoiro en diferentes puntos). Plantaránse prunus, variegatas, liquidambar, cerezos de flor rosa, cercis, plátanos e castaños de indias.

Os traballos de plantación están a ser realizados entre persoal do Departamento de Obras e docentes e estudiantes do Obradoiro de Emprego.

 

Artigos relacionados

Back to top button