EconomíaEconomíaÚltima hora

Completo o aforo para a Festa do Botelo do Barco na Coruña que se celebrará o 8 de febreiro

Asistentes á anterior edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña./ Foto cedida.

 

O éxito da Festa do Botelo, dentro e fóra das fronteiras valdeorresas está máis que demostrado. Uns días despois de abrirse o prazo de reservas para a X Festa do Botelo do Barco na Coruña, completábase o aforo.

Así, unhas 230 persoas asistirán o vindeiro o 8 de febreiro ao xantar no Hotel Finisterre cun menú composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal, composto de botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica e todo servido con vinos godello e mencía de Valdeorras, rematado con café e selección de licores de Valdeorras.

Igual que o ano pasado o programa inclúe un Túnel do Viño dirixido por expertos sumillers do equipo de Luis Paadín, no que colabora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button