OurenseÚltima hora

A conca do Miño-Sil recibe 1,3 millóns para reparacións tras os incendios

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente fixo esta inversión para actuacións de emerxencia en bens públicos e privados e superficie forestal queimada

 

A demarcación hidrográfica do Miño-Sil é a que máis cartos recibirá. // Foto: Carlos.G. Hervella.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) investirá 2,3 millóns de euros en actuacións de emerxencia para reparar os danos causados polos incendios rexistrados os pasados meses de setembro e outubro nas demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro e Cantábrico.

En concreto na conca Miño-Sil van facer un investimento de 1,35 millóns de euros que irán destinados a actuacións nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra “para reparar os graves danos causados polo lume tanto en bens de titularidade pública e privada como na superficie forestal”, aseguran fontes ministeriais.

En concreto, estes investimentos estarán destinados á eliminación de tapóns formados polos restos vexetais que caeron á canle dos ríos debido aos incendios; á retirada de residuos e sedimentos que puideron chegar até as canles e que diminúen a capacidade de desaugadoiro; a tala de exemplares queimados con risco de caída sobre o río, así como a poda selectiva de aqueles exemplares danados que presentan indicios de rebrote.

Ademais, tamén van executar defensas puntuais nas marxes, concretamente naqueles puntos sensibles a sufrir erosións, así como a leña lixeira para evitar o arrastre de cinzas para a canle.

Na demarcación hidrográfica do Miño-Sil van actuar sobre unha superficie de 28.000 hectáreas en canles dos ríos ourensáns Brull, Mirela ou Senna; Mendo, Uma ou Tea, en Pontevedra; na Conca do Rego de Bregadiñas en Lugo ou nas concas dos ríos Cabrera, San Miguel e Las Vegas, en León.

 

Artigos relacionados

Back to top button