CarballedaConcellosEn portadaÚltima hora

Conclúe sen incidencias o desafiuzamento de Irosa-Samaca e agora espérase que se asine ante notario o acordo entre as partes

Este acordo, que implica tamén novos contratos de arrendamento, permitiría devolverlle as chaves a empresa e a continuidade da súa actividade

Peche do candado da porta de acceso ás naves de Samaca-Irosa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Sen indicidentes vén de executarse a sentenza de desafiuzamento das instalacións de Irosa-Samaca, tras a resolución xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia favorable á Comunidade de Montes de Portela e Trigal. Pasadas as dez desta mañá deste 29 de novembro despregábase o dispositivo xudicial, con presenza da Garda Civil, no que a secretaria xudicial chegaba ás instalacións, cuxos traballadores saían fóra delas sen ningún tipo de indicencia.

 

 

Ademais, a secretaria xudicial reuníase con representantes da empresa e da comunidade de montes, nas oficinas da empresa, onde se pechaba un preacordo, parece ser que definitivo, e que permitiría a continuidade de Irosa. Despois desa xuntanza, duns tres cuartos de hora de duración, a secretaria xudicial continuaba co procedemento do desafiuzamento no que se pechaban as portas que dan acceso ás naves, cun candado en cada unha delas, e entregándolle esas chaves á Comunidade de Montes de Portela e Trigal.

 

 

Unha vez executado o desafiuzamento, as dúas partes (comunidade de montes e empresa) teñen previsto baixar á notaría do Barco para asinar ante notario un documento. E, unha vez que se faga efectiva esa firma, a comunidade de montes ten previsto devolver as chaves dos candados á empresa.

 

 

“Hai que achegar a documentación ao documento final e fimar os contratos de arrendamento na notaría. Só falta que a parte empresarial firme e non altere eses acordos, como sucedeu o pasado venres, por iso se chegou ata esta situación, na que o desencadeante final foi a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se di que se deixa sen efecto o procedemento expropiatorio levado a cabo pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, a vía da expropiación queda totalmente pechada, e a comunidade de montes queda restituída na propiedade dos seus terreos”, explicaba o avogado da Comunidade de Montes de Portela e Trigal, José Antonio Iglesias.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button