Co dramaturgo galego Cándido Pazó sentado nunha escaleira, diante dun nutrido número de asistentes na Aira dos Bolos de Córgomo, arrancaban na tarde deste domingo 3 de xullo ‘As Noites de Florencio’, o programa co que o proxecto das Letras de Florencio e máis o Concello de Vilamartín, seguen a homeaxear ao poeta valdeorrés.
A programación que arrancaba hoxe co espectáculo ‘Eu non digo nada’ contos, comedias e outras lerias de Cándido Pazó, percorrerá durante os meses de xullo e agosto as aldeas de Vilamartín de Valdeorras.
A seguinte cita será o vindeiro sábado 9 de xullo no mesmo lugar e ás 23 horas, co espectáculo Florencio sen fronteiras da compañía Arraianos.
Fotos cedidas.