ConcellosÚltima horaVilamartín

Córgomo (Vilamartín) celebrará o Día das Letras Galegas cunha Feira de Produtos Tradicionais

 

No ano 2022 Valdeorras enteira e de forma moi especial Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) celebraba por todo o alto o Día das Letras Galegas adicadas ao poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Este ano o protagonista do 17 de maio é Francisco Fernández del Riego e os actos centrais serán en Vigo e en Lourenzá (Lugo), pero en Córgomo non queren deixar decaer o espírito do vivido o ano pasado, polo que as Mulleres Rurais organizaron para ese día unha Feira de Produtos Tradicionais.

Será o mércores día 17 de 11 a 14 horas na Aira dos Bolos e contará cunha docena de participantes. Haberá vermú, licores e comida preparada de A Horta de Fina e Mar (O Barco); viño de Viñaredo; mel de O Marquesado e O Tío Miguel; aceite de Terras Cigurras; libros da Casa Tomada; licores de Barbudos; Bicas de Raigada; artesanía de Spoombini (Pombo Artesanía en Madeira) e Artesanía Enxebre; e a pulpeira Matilde (A Rúa).

Dende a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo agradecen a todos eles “a súa moi boa colaboración e agardamos que os veciños de Valdeorras veñan visitarnos”, di a presidenta Soledad Figueroa, destacando tamén o agradecemento ao Concello de Vilamartín” por colaborar con música e outros traballos de acondicionamento do lugar”.

Artigos relacionados

Back to top button