A localidade vilamartinesa de Córgomo está en festas. O día grande é hoxe, Santa Marta, con procesión pero xa na noite do domingo 28 de xullo os veciños bailaban e desfrutaban ao ritmo de Fania Blanco Show.
A orquestra é xa unha vella coñecida das festas de Córgomo, servindo un ano máis de anfitrioa para a presentación dos equipos de fútbol (sénior e xuvenil) do CD Córgomo Vilamartín para a tempada que comezará en setembro.
Fotos e vídeo: O SIL.