ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortes no tráfico e no acceso a garaxes no Barco o domingo, pola Carreira dos Santiños

 

As rúas do Barco converteranse o vindeiro domingo 6 de novembro en escenario da 14ª Carreira Popular dos Santiños. Esta proba, incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, comezará ás 11h. con saída dende o pavillón de Calabagueiros.

Despois, os atletas seguirán un circuíto (ao que darán unha ou dúas voltas, segundo as categorías) que irá pola rúa Río Mariñán, Barco de Ávila, Paseo do Malecón, rúas Coruña e Calabagueiros, situándose a súa meta no pavillón de Calabagueiros.

Con motivo desta carreira, entre as 11 horas e as 12 aproximadamente estas zonas veranse afectadas con cortes de tráfico e limitacións con acceso aos garaxes (entre as 10:30h. e as 12:30h. non poderán usarse), segundo informa a Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button