EconomíaEconomíaÚltima hora

A D.O. Valdeorras presenta os seus viños en Madrid

O acto terá lugar o vindeiro 24 de abril na Casa de Galicia e ata agora teñen confirmada a súa participación nel unha vintena de adegas

 

Imaxe do acto de presentación da colleita da D.O. Valdeorras en Santiago, en marzo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un mes despois da presentación da colleita do 2016 en Santiago de Compostela, a Denominación de Orixe Valdeorras prepara un novo acto promocional dos seus viños, desta volta en Madrid. Terá lugar na Casa de Galicia o vindeiro luns, 24 de abril. De novo, estará presentado polo coñecido actor galego Javier Veiga.

As adegas da comarca interesadas en participar neste acto están a enviar as súas referencias de viño nestes días ao Consello Regulador, para que sexan trasladadas a Madrid. Ata o momento teñen confirmada a súa participación unhas 20 adegas, que levarán máis de 50 referencias distintas de brancos e tintos de Valdeorras.

Neste acto espérase contar coa presenza de destacados representantes do eido político, institucional, económico-empresarial e social de Madrid; así como de distribuídores e restauradores.

 

Artigos relacionados

Back to top button