ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Descenden a 19 os positivos de Covid en Viana do Bolo

 

Rexístrase unha baixada na cifras de casos activos de coronavirus no municioio de Viana do Bolo. Así, segundo vén de informar o Concello a través dun bando, o total, a día de hoxe, é de 19 positivos, o que supón 6 menos que o pasado 4 de novembro. “Dende o Sergas comunícase que o concello de Viana do Bolo continúa a situarse no Nivel 2 de alerta epidemiolóxica”, segundo sinala o seu alcalde, Abelardo Carballo.

Así mesmo, no bando do Concello vianés faise referencia ao Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do Presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, e neste senso, o alcalde informa de que á veciñanza das medidas aplicables a toda Galicia dende as 00:00h. do día de onte, 5 de novembro: “recoméndase ás persoas maiores de 75 anos, vulnerables e enfermos respiratorios que non saian dos seus fogares nas horas de alta concentración de persoas, os grupos en espazos públicos e privados, tanto pechados como ao aire libre, limítanse a máximo 6 persoas, salvo que todas elas sexan convivintes. Exceptúanse as actividades laborais, educativas, institucionais, e o deporte federado”.

Así, mesmo, o alcalde apunta que no decreto indicáse que o “aforo máximo do 50%, entre outros, en: mercadillos, establecementos comerciais e de servizos; actividades educativas e de lecer infantil; hostalaría e restauración (consumo sempre sentado, e terrazas ao 75%); hoteis, aloxamentos e albergues; bibliotecas, arquivos e museos; cines, teatros, auditorios etc. (max. 60 personas en lugares pechados, e 150 ao aire libre); instalacións deportivas; espazos públicos, parques infantís, zonas deportivas, etc; actividades ó tempo libre; centros cívicos e sociais; e lugares de culto”. Así mesmo, mantense en todo o territorio a restrición á mobilidade nocturna en horario de 23:00 a 6:00 h.

 

Artigos relacionados

Back to top button