ConcellosÚltima hora

Detidas dúas persoas como presuntas autoras do furto de gasóleo en varias canteiras de Valdeorras

 

Desde o mes de xullo de 2022 a Garda Civil da Rúa ten coñecemento de varios delitos de furto de gasóleo en instalacións de varias canteiras na comarca de Valdeorras, polo que dende o corpo inician a Operación Gadeca, na que se “esclarecen 9 delitos de furto e un delito de roubo con forza nas cousas”.

A detención de “dúas persoas como presuntos autores dos 9 delitos de furto e o roubo con forza”, producíase os días 29 de abril e 8 de maio, segundo indican dende a Garda Civil, adiantando que o “total do combustible substraído ascende a 16.900 litros”.

Artigos relacionados

Back to top button